Máster Universitario en Creación Artística Contemporánea
O Máster en Creación Artística Contemporánea nace da necesidade de facer confluír tarefas de investigación e creación artística no ensino de posgrao, permitindo ao alumnado unha formación de carácter especializado e multidisciplinario. Está centrado na investigación a través da práctica, polo que o proceso creativo está contido no resultado final.
A característica principal do mestrado é a conxunción do ámbito investigador e o creativo, provocando a creación de obra artística.