Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O número de créditos que sexan obxecto de recoñecemento a partir de experiencia profesional ou laboral e de ensinos universitarios non oficiais non poderá ser superior, no seu conxunto, ao 15 por cento do total de créditos que constitúen o plan de estudos. Con todo, o anterior, os créditos procedentes de títulos propios poderán, excepcionalmente, ser obxecto de recoñecemento nunha porcentaxe superior ao sinalado no parágrafo anterior ou, no seu caso, ser obxecto de recoñecementos na súa totalidade (Excepto o TFG/TFM) sempre que o correspondente título propio fose extinguido e substituído por un título oficial.

A CAM poderá recoñecer como prácticas curriculares aquelas experiencias profesionais ou laborais relativas aos contidos deste mestrado. A materia que poderá ser obxecto de recoñecemento é a de "Practicas Externas" de 6 créditos ECTS. Como máximo só poderase solicitar a validación da devandita materia a condición de que se poida xustificar unha experiencia mínima de 12 meses nas actividades enunciadas a continuación e relacionadas cos contidos e obxectivos deste mestrado. A comisión poderá validar proporcionalmente cada ECTS por dous meses de actividade ou traballo xustificado.

As actividades ou experiencias de tipo laboral son as seguintes: Colaboracións na montaxe, crítica ou difución de eventos artísticos, produción, exposicion ou manifestacion artistica. Devanditos traballos estarán avalados polas galerías, críticos ou institucións coas que se colaborou. Así mesmo con créditos cursados en títulos propios relacionados con este mestrado e en Centros de formación profesional de grao superior afin a Belas Artes e vinculados á experiencia recoñecida coas competencias ou resultados de aprendizaxe do título.

  • Recoñecementos de créditos cursados en centros de formación profesional de grao superior afín a Belas Artes: Minimo: 0 / Máximo: 6
  • Recoñecemento de créditos cursados en títulos propios: Minimo: 0 / Máximo: 6
  • Recoñecemento de créditos para Acreditación Experiencia Laboral e profesional: Mínimo: 0 / Máximo: 6