Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O obxectivo principal do Máster Universitario en Creación Artística Contemporánea é a formación académica artística avanzada, de carácter multidisciplinar que contempla os seguintes obxectivos:

  1. Proporcionar formación en creación artística vinculada á investigación en todas as áreas e técnicas que interveñen na titulación de Belas Artes: debuxo, escultura, pintura, arte de acción, ilustración, gravado, foto, audiovisuais, e todos aqueles novos medios susceptibles de ser utilizados polo estudantado como material para iniciar un proxecto artístico.
  2. Proporcionar coñecementos e competencias que fan posible desenvolver un proxecto artístico.
  3. Proporcionar habilidades para achegar solucións orixinais e innovadoras no ámbito da arte.
  4. Xestionar proxectos en equipos multidisciplinares, optimizando recursos e dando difusión aos resultados.
  5. Prepara ao estudantado para posicionarse profesionalmente no ámbito artístico, achegándose, a través da práctica, ao mundo profesional.
  6. Integrar ao estudantado no contexto artístico, podendo dar resposta a cuestións, problemas e todo aquilo que se lle expoña na súa expansión a outras áreas afíns e medios sociais.
  7. Preparar ao estudantado para acceder á realización de estudos de doutoramento grazas a unha formación en metodoloxía científica aplicada ás artes.
  8. Fomentar a participación dos principais axentes locais, nacionais e internacionais, da vida cultural e o mercado artístico a través de proxectos de colaboración expostos polo alumnado.
  9. Propiciar no estudantado un desenvolvemento profesional, coñecendo as linguaxes artísticas e de investigación.